Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigadas catro persoas por desvalixar unha vivenda no Barco de Valdeorras

Investigadas catro persoas por desvalixar unha vivenda no Barco de Valdeorras

Roubaron na casa simulando que estaban facendo unha mudanza

Roubaron obxectos de valor como electrodomésticos, mobiliario, roupa e calzado Roubaron obxectos de valor como electrodomésticos, mobiliario, roupa e calzado
G24.gal 12/01/2024 10:12

A Garda Civil investiga catro persoas, veciños de Allariz, como presuntos autores dun roubo con forza nunha vivenda do Barco de Valdeorras. Os feitos remóntanse ao pasado 2 de outubro.

Os catro individuos utilizaron a modalidade "roubo mudanza", que consiste en desvalixar a casa simulando que o residente autorizara eses traballos de carga por un cambio de domicilio. Deste xeito non se levantarían sospeitas de veciños e testemuñas.

Segundo informaron fontes da Comandancia de Ourense, aproveitaron que o morador da vivenda ía pasar unha fin de semana fóra para entrar na casa e realizar o furto de mobiliario, electrodomésticos, roupa, calzado e outros obxectos de valor.

A investigación foi levada a cabo polo equipo de Policía Xudicial da Garda Civil do Barco de Valdeorras, que conseguiu identificar os presuntos autores destes feitos e recuperar parte dos efectos subtraídos, mentres que o resto de obxectos tamén foi localizado, despois de ser vendidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade