Publicador de contidos

Publicador de contidos

O desbordamento do río Tea causa inundacións en Ponteareas

O desbordamento do río Tea causa inundacións en Ponteareas

Os asolagamentos tamén causaron problemas no Porriño e na Guarda

G24.gal 23/11/2022 14:30

O desbordamento do río Tea en Ponteareas obrigou á evacuación de varios veciños. Hai múltiples baixos de vivendas e garaxes asolagados.

O río non deu canalizado tanta auga. Borrasca tras borrasca as semanas de chuvias provocaron que finalmente desbordara. Os preto de 90 litros por metro cadrado que se recolleron nesta localidade pontevedresa en só día e medio fixeron rebordar o río.

A consecuencia: estradas cortadas e baixos de vivendas e garaxes asolagados. Varios veciños tiveron que ser evacuados ao quedar as súas casas illadas e rodeadas pola auga. As parroquias máis afectadas son a de Moreira e A Freixa.

Os asolagamentos tamén causaron problemas no Porriño e na Guarda. A enchente do Miño ao seu paso por Ourense anegou as termas da Chavasqueira e obrigou a pechalas só un mes despois que volveran abrir, despois de permanecer dous anos inactivas, primeiro pola covid e logo por remodelación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade