Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Interceptan un camioneiro en Guitiriz que superaba 10 veces a taxa permitida de alcol
                            G24.gal
                        
                            17/12/2021 12:19
                        
                        
                        
                        
                    
                    A Garda Civil interceptou en Guitiriz un camioneiro que superaba en máis de dez veces a taxa de alcol pemitida para os transportistas.
Os axentes, que realizaban un control de verificación de transportes, percibiron un forte cheiro a alcol polo que inmediatamente procederon a realizarlle unha proba. O condutor, un lituano residente en Alacante, foi citado para un xuízo rápido en Vilalba pola comisión dun delito contra a seguridade viaria con pena de prisión de ata seis meses.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
                 
            
        