Publicador de contidos
Publicador de contidos

Intensidade, a chave de Cristóbal Parralo para volver á vitoria

Intensidade, a chave de Cristóbal Parralo para volver á vitoria

O técnico defende o bo xogo do equipo, pero sinala que se precisa máis para gañar na categoría

O conxunto ferrolán quere romper a serie de seis partidos sen sumar tres puntos

G24.gal 16/03/2024 14:39

Cristóbal Parralo atendeu os medios de comunicación na previa da visita do Valladolid á Malata. O estratega madrileño analizou a situación actual do equipo ferrolán:

"Eu creo que o equipo está xogando ben, fai as cousas ben, pero temos que ser máis contundentes, ser moito máis intensos, moito máis agresivos porque esta categoría o require. Se non es contundente, se non deixas a porta a cero é moi difícil gañar".

A mala serie dos últimos partidos:

"Vimos de perder un partido cun centro lateral e cun pelotazo. Perdemos en Elda cunha acción a balón parado e outro centro lateral e doe, amola. E por riba, cando tés a oportunidade de gañar, penalti no último minuto e non gañas, crúzanse esta serie de circunstancias que fan que o equipo non consiga a vitoria".

Sobre as expectativas da afección: 

"O que creo é que vés de facer unha primeira volta incrible, onde conseguiches moitos puntos, fixeches moi bos partidos, esas xogadas que antes entraban agora non entran, entón a xente aumenta as expectativas arredor do equipo., pero o noso obxectivo é manter a categoría".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos