Iñigo Vélez: "Todos saben o que poñemos en xogo, non vou meter unha presión engadida"
Iñigo Vélez: "Todos saben o que poñemos en xogo, non vou meter unha presión engadida"
O Lugo inicia once finais na procura da permanencia. Deses 11 encontros, seis serán no Anxo Carro
Comparece o adestrador do Lugo, Iñigo Vélez, na previa do duelo desta semana fronte ao Real Racing Club. O técnico detallou a importancia de afrontar o duelo con máxima concentración, tratando de prolongar as sensacións vistas no choque de Mendizorroza.
O vitoriano subliña a máxima esixencia que os xogadores aplicarán neste compromiso, e espera conseguir unha vitoria que devolva o Lugo á senda dos tres puntos:
"Seguimos traballando coa mesma idea. Quero que o meu equipo sexa compacto, solidario, e coas cousas claras en ataque. Quero que estean cómodos, dámoslles información precisa, e queremos que sigan confiando. Quero que saian como o outro día"
Non quere que os xogadores noten a presión:
"Todos saben o que poñemos en xogo, non vou meter unha presión engadida"
O Lugo inicia once finais na procura da permanencia. Deses 11 encontros, seis serán no Anxo Carro, onde o Lugo debe tentar facer un pleno de puntos.