Cargando resultados...
Inglaterra xa non obriga a usar máscara nin a presentar o certificado de vacinación
Só será obrigatorio no transporte público de Londres

G24.gal
27/01/2022 20:37
Coa sexta onda xa baixo control e os casos baixando diariamente, desde hoxe Inglaterra é o único territorio do Reino Unido onde apenas existen xa medidas restritivas. O uso das máscaras xa non é obrigatorio, nin tampouco presentar o certificado de vacinación para grandes eventos.
Aínda así, o alcalde de Londres pide prudencia e anunciou que a máscara si seguirá a ser obrigatoria no transporte público na capital.
Esta redución das medidas afectará tamén as residencias de maiores, onde a partir do vindeiro luns se eliminan as restricións e non haberá xa límite no número de familiares que poderán visitar os seus achegados.