Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Inês Pereira: "Creo moito no proxecto que o Dépor ten"
Inês Pereira queda no Deportivo ABANCA cedida polo Everton
Disputou 28 partidos coas coruñesas na última temporada
                
                    
                        X: @RCDeportivoFem
                    
                    
                    
                    
            
        
                            G24.gal
                        
                            31/07/2025 17:09
                        
                        
                                Última actualización 31/07/2025 17:19
                        
                        
                    
                    Durante este xoves o Deportivo realizou unha conferencia de prensa pola renovación da cesión da porteira portuguesa Inês Pereira. A gardameta lusa disputou 28 partidos co Deportivo ABANCA na última temporada cedida polo Everton e que lle valeron para ir á Eurocopa con Portugal e disputando o primeiro partido da fase de grupo contra España.
Inês Pereira chegou ao Everton no verán de 2024 dende o Servette suízo. Previamente en Portugal xogara no Estoril e no Sporting CP, con estes últimos gañou en dúas ocasións a primeira división de Portugal.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
                 
            
         
            
                