Inditex vende o seu negocio en Rusia
O grupo téxtil alcanza un acordo co grupo Deher
Inditex ten preto de 500 tendas en Rusia que están pechadas tras a invasión de Ucraína

Inditex pechou un acordo co grupo Daher para vender o seu negocio en Rusia, onde conta con preto de 500 tendas que se atopan pechadas desde principios de marzo, como resposta á decisión do Goberno deste país de invadir Ucraína.
Segundo informou este martes a compañía á Comisión Nacional do Mercado de Valores, o acordo inclúe a transferencia da maioría dos locais ocupados ata o de agora polas súas tendas, o que permitirá manter "unha parte substancial dos postos de traballo".
No caso de que as circunstancias futuras permitan o regreso de Inditex a Rusia, a firma asegura ter un acordo con Daher para estudar unha colaboración entrambas compañías a través dun contrato de franquías.