Publicador de contidos

Publicador de contidos

INDITEX, sempre sorprendendo, por Venancio Salcines

INDITEX, sempre sorprendendo, por Venancio Salcines

Non soamente medra nas vendas, senón que o fai mellorando a eficiencia da empresa

Os datos deste trimestre superan todas as expectativas de mercado

G24.gal 08/06/2023 07:58

Nunha ocasión, os analistas financeiros afirmaron: INDITEX, se se estabiliza, consolídase pero queda sen pulo de crecemento, non vale moito máis de vinte euros a acción.

Agora ben, un INDITEX que mostre capacidade de medrar, que teña percorrido, camiño, non baixará dos trinta euros. Hoxe está preto dos trinta e catro euros.

É dicir, hoxe ninguén pensa que a compañía creada por Amancio Ortega estea preto da madurez; ao contrario, quédalle moito recorrido por diante.

Nos resultados deste trimestre mostrou varios puntos positivos, o esencial quizais sexa que encontrou o equilibrio no seu modelo de crecemento.

Reduce tendas, á vez que potencia a súas flag ships, e todo isto cun desenvolvemento axeitado das ventas por Internet. É dicir, todas as súas canles están a medrar e fano de modo harmónico. Isto que se di con total rapidez ten de fondo unha dificultade espectacular.

Certamente este foi fai un par de anos o seu nó gordiano, una hipotética dificultade por encontrar a hibridación entre tenda física e tenda virtual.

Aí encontrou dificultades, no seu momento Wall Mart ou H&M, e dende Wall Street opinábase que a compañía de Arteixo podía tropezar na mesma pedra. Parece evidente que se equivocaron.

Os datos deste trimestre superan todas as expectativas de mercado. Unha comparación fronte ao 2019 mostra uns crecementos espectaculares.

A facturación medrou  nun 28,4 %, pero o resultado de explotación un 51 %  e o beneficio neto un 58,7 %. É dicir, non soamente crece en vendas, senón que o fai mellorando a eficiencia da empresa. E todo isto nun trimestre (febreiro-abril) en que Europa estaba inmersa nun enfriamiento económico e Rusia, un mercado importante, xa non existía para a compañía.

O futuro? Avanzar no seu modelo de crecemento, que parece sólido e resistente, e medrar nos mercados onde teñen menos presenza, como é Asia e os Estados Unidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade