Publicador de contidos
Publicador de contidos

Inditex gaña 4.449 millóns nos nove primeiros meses do seu ano fiscal, un 8,5 % máis, e eleva un 7,1% as súas vendas

Inditex gaña 4.449 millóns nos nove primeiros meses do seu ano fiscal, un 8,5 % máis, e eleva un 7,1% as súas vendas

Desde febreiro e ata final de outubro, a empresa dona de Zara fixo aperturas en 45 mercados e pechou o período con 5.659 tendas

O conselleiro delegado, Óscar García Maceiras, ve "fortes" oportunidades de crecemento" en diferentes segmentos e mercados

A. PÉREZ MECA / EUROPA PRESS A. PÉREZ MECA / EUROPA PRESS
G24.gal 11/12/2024 08:25

O grupo Inditex obtivo un beneficio neto de 4.449 millóns de euros nos primeiros nove meses do seu exercicio fiscal (febreiro a outubro), un 8,5 % máis en comparación co mesmo período de 2023 (4.102 millóns) e récord para o período.

A maior empresa cotizada española gañou 1.680 millóns só no terceiro trimestre, un 5,8 % máis en taxa interanual, segundo comunicou este mércores á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

As vendas de Inditex entre febreiro e outubro ascenderon a 27.422 millóns, un 7,1 % máis, en tanto que o EBITDA ou resultado operativo incrementou un 7,2 % no mesmo período, ata 7.967 millóns.

A marxe bruta aumentou un 7,2 % en nove meses, ata 16.291 millóns, e situouse no 59,4 % das vendas, o cal significa catro puntos básicos máis respecto aos do mesmo período de 2023.

O xigante téxtil comunicou que continúa cunha "forte xeración" de fondos e o reinvestimento no negocio, cunha posición financeira neta que creceu un 3 %, ata 11.824 millóns (11.480 millóns en 2023).

Desde febreiro e ata final de outubro, a empresa dona de Zara fixo aperturas en 45 mercados (suma 214 mercados en total) e pechou o período con 5.659 tendas.

Con respecto ás vendas en tenda e en liña entre o 1 de novembro e o 9 de decembro, a compañía adiantou que creceron un 9 % en comparación co mesmo período de 2023.

Tamén prevé un crecemento do espazo en tenda bruto anual no período 2024-26 de ao redor do 5 %, en conxunción cunha "forte evolución" das vendas en liña.

Inditex estimou uns investimentos ordinarios de arredor de 1.800 millóns para o peche de ano e lembrou tamén o seu plan de expansión loxística 2024-2025, cun programa de investimentos extraordinario centrado na expansión do negocio e con 900 millóns para incrementar a capacidade loxística en cada un dos exercicios citados.

Na súa proposta de moda, Inditex reforzará as iniciativas comerciais de todos os seus formatos da campaña de outono-inverno, como Zara Woman Metropolis, Zara Man Edition, Zara Kids Studio, Massimo Dutti Midnight Allure, Pull&Bear Not Just a DJ, Bershka Series, Stradivarius Movement of Autumn ou Oysho Apres Esquí. 

García Maceiras: "Seguimos vendo fortes oportunidades para o crecemento"

O conselleiro delegado de Inditex, Óscar García Maceiras, subliñou que a compañía continúa vendo "fortes" oportunidades de crecemento en diferentes segmentos e mercados tras presentar os resultados correspondentes aos nove primeiros meses do seu exercicio fiscal 2024-2025.

"Vemos oportunidades de crecemento en diferentes segmentos e en todos os nosos mercados. Seguimos vendo fortes oportunidades para o crecemento", asegurou García Maceiras na presentación ante analistas dos resultados da compañía.

García Maceiras destacou o "moi forte" crecemento das vendas do 10,5 % a tipo de cambio constante e a "boa evolución" tanto en tenda como en en liña e en todos os formatos nos nove primeiros meses do exercicio fiscal 2024.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade