Publicador de contidos
Publicador de contidos

Inditex consegue os mellores rexistros de vendas na súa historia

Inditex consegue os mellores rexistros de vendas na súa historia

Forte incremento da venda en liña: véndese un 28 % máis ca o ano pasado

G24.gal 15/12/2021 08:04

Inditex pulveriza o seu propio récord e consegue os mellores rexistros da súa historia nun trimestre. A multinacional que vai dirixir Marta Ortega consegue máis de 1.200 millóns de euros entre agosto e outubro.

Récord de vendas que se achega aos 7.400 millóns de vendas, un 5,5 % máis ca no mesmo período do ano anterior.

Forte incremento da venda en liña: véndese un 28 % máis ca o ano pasado, e un 124 % máis ca en 2019.   

Inditex rexistrou un beneficio neto de 2.500 millóns de euros durante os nove primeiros meses do seu exercicio fiscal 2021-2022 (entre o 1 de febreiro e o 31 de outubro), o que supón un aumento do 273 % respecto a un ano antes, cando gañou 671 millóns de euros, segundo informou este mércores a compañía.

As vendas do grupo ascenderon a 19.325 millóns de euros, un 37 % máis respecto ao mesmo período de 2020. Desta forma, Inditex alcanza o seu máximo histórico de vendas e beneficio nun terceiro trimestre, o segundo consecutivo tras o período entre maio e xullo, cando xa conseguiron ser as máis altas da compañía nun segundo trimestre.

Supera tamén o listón de xeración de caixa e a compañía alcanza unha posición financeira neta de 9.569 millóns de euros, o seu máximo histórico, por encima dos 8.265 millóns de 2020 e dos 7.734 millóns de 2019.

As vendas en tenda seguiron mellorando no terceiro trimestre, segundo destaca a firma. Ademais, continúa rexistrando un "notable" crecemento da venda en liña que, a tipo de cambio constante, supera nun 28 % a do primeiros nove meses de 2020, e supera nun 124 % o listón alcanzado no mesmo período de 2019, previo á pandemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade