Publicador de contidos

Publicador de contidos

Indignación en Ourense pola paralización das obras da avenida de Portugal

Indignación en Ourense pola paralización das obras da avenida de Portugal

A empresa construtora parou a obra polos impagos do concello, valorados en 400.000 euros 

Veciños e comerciantes din estar fartos porque levan 10 meses sufrindo as molestias dunha obra que debía estar rematada a finais do ano pasado

G24.gal 10/03/2026 12:48

A avenida de Portugal é unha das arterias da cidade de Ourense. Hai case un ano que comezaron as obras de mellora, que contan cun presuposto de máis de 5 millóns de euros. A empresa construtora anunciou este luns que paraba a obra por mor dos impagos do Concello. Son uns 400.000 euros correspondentes aos meses de novembro, decembro e xaneiro. Os veciños aseguran que xa viñan detectando menos persoal na obra e onte viron con sorpresa como recollían todo.

A obra tiña que estar rematada en decembro. A demora e agora esta paralización indigna veciños e comerciantes polos prexuízos que lles ocasiona.

O Goberno municipal asegura que a demora nos pagos é por causas alleas ao Concello. Polo momento descoñécese cando se retomarán as obras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade