Indemnizan con 15.000 euros un home que foi encarcerado erroneamente nunha prisión de Lugo
O home que estivo en prisión durante dous anos
A causa pasou por varios xulgados ata que un da Coruña decretou a súa liberdade

A Audiencia Nacional dálle a razón ao reo fronte á Avogacía do Estado. Pasou 20 meses en prisión. Ingresou tras unha investigación por tráfico de drogas. A intervención realizouse a través dunhas escoitas telefónicas que logo foron postas en dúbida. Ao parecer, encontráronlle catro quilos de heroína non seu coche.
A acusación non puido manterse por falta de probas obtidas de forma ilícita, xa que non cumprían cos requisitos legais para ser empregadas nun xuízo e tampouco localizáronse as testemuñas, o que levou ou xulgado a pechar o caso.
O que reduciu o alto tribunal foi a indemnización que solicitaba o demandante de 192.000 euros a 15.000 euros.
A causa pasou por varios xulgados ata que un da Coruña decretou a súa liberdade.