Cargando resultados...
Declárase un incendio nunha casa abandonada de Vigo
A intensa columna de fume foi visible dende varios puntos da cidade
G24.gal
01/12/2022 10:28
Última actualización 01/12/2022 16:12
O incendio comezou ás 9 e media da mañá. A intensa fumareda puxo en alerta numerosos veciños e viandantes. Trátase dunha vivenda deteriorada, que, segundo algunhas testemuñas, está ocupada ilegalmente de xeito ocasional. Descoñécese se no momento do incendio estaba habitada. Os bombeiros desprazáronse ata o lugar para sufocar as lapas, sen que ningunha persoa resultara ferida.