Cargando resultados...
Un incendio no aparcadoiro subterráneo do Orzán deixa varios vehículos calcinados
Os bombeiros están xa traballando na zona, pero dan o lume por controlado
G24.gal
23/09/2022 21:46
Última actualización 24/09/2022 08:49
Os bombeiros da Coruña conseguen controlar o incendio que se declarou no aparcadoiro subterráneo do Orzán, na Coruña.
Crese que o lume puido afectar uns catro vehículos ademais de producir danos materiais no aparcadoiro. Pero, en todo caso, o incendio dáse por controlado e non produciu, en principio, danos persoais.
A gran cantidade de fume obrigou a evacuar a zona e provocou tamén retencións no tráfico.
Polo de agora descoñécense as causas do incendio.
No lugar están ademais efectivos da Policía Local.