Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iker Unzueta convértese nunha das últimas fichaxes do Lugo

Iker Unzueta convértese nunha das últimas fichaxes do Lugo

O dianteiro e ex-xogador do Huesca é unha das últimas fichaxes do club para esta tempada

O Lugo enfróntase esta tarde á Ponferradina

G24.gal 13/08/2025 10:10 Última actualización 13/08/2025 10:41

O Lugo xa ten un novo dianteiro, trátase do xogador vasco Iker Unzueta, un futbolista cunha ampla experiencia no fútbol nacional, con un total de 70 partidos disputados en Segunda División e máis de 70 encontros en Primeira Federación. Ao longo da súa traxectoria defendeu as camisetas de clubs como a S. D. Logroñés, a S. D. Amorebieta, o Vizela portugués ou, máis recentemente, a S. D. Huesca.

O dianteiro vasco asina por unha tempada no Anxo Carro, con opción a outra en función dos obxectivos acadados. Con esta incorporación, o Lugo dá un paso importante de cara a completar o seu cadro de xogadores, aínda que podería chegar algunha peza máis ao cadro lucense.

O equipo de Yago Iglesias enfróntase esta tarde, ás 20:00 horas, nun encontro amigable de pretempada contra a Ponferradina, un partido importante tras a vitoria do club lucense contra a Cultural Leonesa o pasado venres. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos