Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iker Losada: "Temos unha motivación extra por ser o partido que é"

Iker Losada: "Temos unha motivación extra por ser o partido que é"

Non confirmou se estará Gabri Veiga

G24.gal 22/09/2022 16:13 Última actualización 22/09/2022 16:45

O capitán do Celta B, Iker Losada expresou esta mañá que ten "unha ilusión tremenda" polo partido fronte ao Deportivo deste sábado:

"Vimos de conseguir o noso primeiros tres puntos e é un pouco máis de moral para este partido, que é un derbi e os que somos de casa sempre o vivimos máis", indicou.

Asegura que o rival é "unha motivación extra", pero que deben velo "como ir a por eses tres puntos e nada máis".

Non confirmou se estará Gabri Veiga, pois non será ata mañá cando o saiban. O de Catoira espera que se viva un espectáculo e cre que tamén nese sentido é mellor xogar en Balaídos:

"É máis grande, hai moitas máis entradas que en Barreiro e tamén nos beneficia para o noso xogo. Podémolo aproveitar mellor"

Augura unha posesión igualada, aínda que o filial tratará de ter canto máis balón, mellor e que estean incómodos. Cre que o que teña menos balón sufrirá máis polos perfís de ambos os conxuntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar