Iker Losada: "Somos moi valentes, imos gañando e queremos máis"
O de Catoira amosouse "contento" polo seu sexto gol esta temporada

O xogador do Rácing de Ferrol, Iker Losada, asegurou tras a vitoria ante o Tenerife que os verdes son "moi valentes" e por iso, tras os bos resultados que están a ter neste primeiro tramo do campionato, non se van botar atrás:
"Imos gañando e queremos máis".
O futbolista de Catoira afirmou que fixeron "un partido bastante correcto, excepto no gol que encaixamos", e sinalou que o resultado foi "inmellorable", xa que "a presión era a solución para facer dano" e de aí veu o seu gol.
Reivindicou a maneira de xogar do conxunto galego e aínda que recoñeceu que non pode "fallar tanto", tamén se mostrou "contento" polo seu sexto gol no conxunto de Cristóbal Parralo e admitiu que "non pensaba arrincar así", aínda que se concede marxe para "mellorar".
Losada destacou que non quere poñerse un tope e apostou por "seguir sumando con minutos bos", aínda que concedeu que lle gustaría superarse con respecto aos nove goles que marcou a tempada pasada co Celta B.
Sobre o bo inicio do equipo ferrolán, que ocupa a cuarta praza en Segunda división.
"Despois de volver ao fútbol profesional é importante estar arriba" e apuntou que o equipo está "a xogar moi ben, dando boas sensacións en todos os partidos".