Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ignacio Rivera, máximo accionista do Rácing: "A Segunda non é a meta final"

Ignacio Rivera, máximo accionista do Rácing: "A Segunda non é a meta final"

Colleron o club na Terceira División e xa está na Segunda División pero Rivera quere que o cadro departamental xogue na máxima categoría

G24.gal 28/05/2023 13:23

O máximo accionista do Rácing acadou un dos obxectivos que se propuxo cando comprou as accións á familia Silveira. Nunca esconderon que o seu desexo era metelo no fútbol profesional e conseguiuno despois de cinco anos de esforzo. 

"A familia Silveira deunos o testemuño e tentamos crear impacto positivo e riqueza na cidade", comentou a Televisión de Galicia. E xa se pon metas máis altas: "Hai que posicionarse en Segunda pero só é unha meta voante, non a meta final". 

O Rácing nunca xogou na súa historia en Primeira División e a familia Rivera ten a ambición de que o club acade ese éxito por primeira vez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade