Ignacio González deixará a dirección de Nueva Pescanova antes da venda a Cooke
Ignacio González deixará a dirección de Nueva Pescanova antes da venda a Cooke
A saída producirase o 6 de xuño "por motivos persoais"
José María Benavent, actual presidente executivo do grupo, será o seu substituto
![Ignacio González, CEO do Grupo Nueva Pescanova (Nueva Pescanova)](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230523/ignaciogonzalezpescanova.1684838455.59.jpg)
O conselleiro delegado do Grupo Nueva Pescanova, Ignacio González, deixará o seu cargo o próximo 16 de xuño, semanas antes da venta a Cook, e será substituído por José María Benavent, actual presidente executivo do Grupo.
As razóns da saída de González, no cargo desde o 1 de febreiro de 2016, “son estritamente persoais”, segundo informou este martes a compañía nun comunicado.
As súas funcións serán desenvoltas por José María Benavent, actual presidente executivo do Grupo desde 2020 e presidente do Consello de Administración, do que forma parte desde 2019.
Durante estes sete anos e medio como conselleiro delegado, González “liderou con determinación a transformación que a compañía necesitaba, ata conducila á posición onde se atopa hoxe en día, cunha frota renovada e competitiva”, destaca a compañía.
O Grupo Nueva Pescanova, no seu comunicado, agradece a Ignacio González a súa “entrega e dedicación durante todo este tempo e deséxalle moito éxito nas súas futuras aventuras profesionais”.