Idiakez "Se no quilómetro 31 do maratón pensas na meta, non chegas"
Cre que poderá contar con Lucas e Mella
Ten claro Imanol Idiakez que o Deportivo non debe desviarse da fórmula que levou o equipo todo o máis alto da clasificación. Non hai cambio de modo persecución ao modo escapada, porque para o técnico só hai unha cousa no horizonte; o seguinte partido.
"Estamos no quilómetro 31 do maratón e agora toca o 32. Hai que facelo a 3 e pico porque se afrouxas e empezas a pensar na meta, seguro que non chegas. Hai que pensar en andar o camiño. Mañá é unha oportunidade para facer bo o resultado do outro día".
Tamén falou da situación de Lucas e Mella:
"Teño que falar con eles. Adestráronse e están dispoñibles, agora toca tomar a última decisión. Dependerá das súas sensacións".
Non cre que vaia haber un recibimento hostil a Óscar Cano, adestrador do Sabadell.