Publicador de contidos
Publicador de contidos

Idiakez: "Para aprender a andar hai que caer, e sufrir é moi recomendable"

Idiakez: "Para aprender a andar hai que caer, e sufrir é moi recomendable"

Di que ten varias opcións para substituír a Yeremay

Foto @RCDeportivo
G24.gal 11/10/2024 14:02 Última actualización 11/10/2024 15:10

Nin a baixa de Yeremay nin estar nos postos de descenso, Imanol Idiakez aposta polo seu equipo para a visita este domingo ao campo do Elxe. Sostén que ten xogadores suficientes para substituír o canario, non só Mario Soriano, e que a experiencia da tempada pasada, cando o equipo mesmo estivo en postos de baixar a Segunda Federación, debe servirlle para aprender.

"Pasamos unha primeira volta sufrindo como cabróns e houbo final feliz. Iso sérvenos para saber que se pode progresar, que xogadores se poden ir adaptando. Temos marxe de mellora, pero todo necesita o seu tempo. Para aprender a andar, hai que caer".

Tamén se referiu a ausencia de Yeremay, convocado coa selección sub-21

"Temos un equipo tan bo que terei que pensar cal das opcións elixo".

O Deportivo xoga contra un dos candidatos ao ascenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade