Publicador de contidos

Publicador de contidos

Idiakez avisa de que a choiva de eloxios non van descentrar o equipo

Idiakez avisa de que a choiva de eloxios non van descentrar o equipo

O técnico do Deportivo foi sancionado con dous partidos de suspensión tras a expulsión ante o Lugo

Foto @RCDeportivo
G24.gal 08/03/2024 16:27 Última actualización 08/03/2024 16:36

A Imanol Idiakez séguelle doendo a tarxeta vermella que recibiu o pasado domingo en Riazor. Sancionado con dous partidos de suspensión, non poderá dirixir o Deportivo nin o domingo (12:00 horas) en Tarragona nin tampouco a semana que vén ante o Sabadell.

Idiakez, feliz pola espléndida serie de sete vitorias consecutivas do equipo coruñés, avisa de que a choiva de eloxios non van descentrar o equipo. 

"Estamos cos pés no chan. Temos un vestiario maduro. Gozamos desta boa serie".

"Temos confianza pero sabemos que o fútbol cambia. O que fixeches non vale".

"O domingo partimos de cero. Será un partido de moitísima igualdade".

Por primeira vez esta tempada, o Deportivo pon en xogo o liderado despois de golear o Lugo hai uns días. Vaino facer no duelo máis complicado que podía ofrecerlle agora mesmo a clasificación, enfrontándose ao segundo, que ten un punto menos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade