Idiakez: "Arriba si que nos falta algo, é o máis difícil e o máis caro"
Rafael Obradoiro xa se adestra co Deportivo despois do principio de acordo de cesión ao que chegou o Dépor co Real Madrid
Imanol Idiakez, adestrador do Deportivo, compareceu na sala de prensa de Abegondo para analizar o próximo partido ante o Huesca.
Antes de falar do rival, referiuse á polémica pola tardanza en facer os trocos ante o Oviedo.
"Sei que hai un debate sobre o que tardo nos meus cambios".
"Miro a outros adestradores por se me volvín tolo, pero creo que é algo habitual".
"Visto o resultado, claro que agora penso que podería facer outra cousa".
Mentres, Rafael Obradoiro xa se adestra co Deportivo. O novo futbolista branco e azul saltou esta mañá ao céspede de Abegondo para exercitarse cos seus novos compañeiros despois do principio de acordo de cesión ao que chegou o Dépor co Real Madrid, o seu club de procedencia. Non vai ser a última incorporación.
"Arriba si que nos falta algo. En punta en banda... é o máis difícil e máis caro".
"De centrais estamos cubertos en canto a número e calidade".