Idiakez non pode contar con Lucas Pérez por cuarta xornada consecutiva
O dianteiro non estará en Teruel
Sobre o rival, Idiakez foi claro: "Perdeu 2 dos últimos 14 partidos. Ten un adestrador preparadísimo"
O Deportivo volverá xogar sen Lucas Pérez. O domingo en Teruel o estandarte branco e azul volverá ser baixa por mor das molestias no xeonllo que xa lle deixaron fóra do equipo en Majadahonda, Sabadell e, o pasado domingo, contra o Unionistas.
"É unha molestia no golpeo. Tivo mellores sensacións, pero non era suficiente para entrar. Se todo vai normal, a semana que vén estará en condicións", afirmou Imanol Idiakez.
O técnico vasco descartou que a ausencia do atacante se enmarque nun contexto de rotacións no equipo coruñés fronte a un adversario en descenso, antes de afrontar dúas xornadas consecutivas en Riazor.
"Só pensamos no Teruel. Son os puntos máis importantes da tempada porque son os inmediatos. Imos co mellor", insistiu.
"Perdeu 2 dos últimos 14 partidos. Ten un adestrador preparadísimo. Está a crecer. Temos a humildade para recoñecer o seu potencial". rematou Idiakez.