Idiakez: "Ante o líder temos unha oportunidade grande de reforzar moitas cousas"

O adestrador evita establecer un prazo de regreso para Yeremay, que se achega aos dous meses de baixa

Foto @RCDeportivo
G24.gal 27/10/2023 15:11 Última actualización 27/10/2023 15:22

O Deportivo-Nàstic supoñerá unha proba  para a recuperación que o equipo branquiazul ha iniciado con dous partidos fóra de Riazor. A resistencia en Ponferrada e o triunfo ante o Sabadell deben ter continuidade coa que sería a primeira vitoria do ano en casas. Chega o líder.

Idiakez: "Temos unha oportunidade grande de reforzar moitas cousas. O día do Celta Fortuna foi o máis baixo da temporada".

"Vén o líder, vén a Riazor. Temos unha ilusión enorme de facernos fortes na casa".

Idiakez tamén falou sobre a recuperación de Yeremay.

"Estamos en prazos e agora haberá días mellores, días peores, altibaixos… trátase de que teña boas sensacións, coller confianza e adestrar o físico para poñerse ao ritmo. Unha, dous, tres semanas… non podería dicir. Gustaríame, pero non o sei, é algo de confianza".

Tampouco poderá contar o domingo con BarberoBalenziaga e, moi probablemente, tampouco con Jaime

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade