Cargando resultados...
Identifican restos do ADN de Esther López no maleteiro do principal sospeitoso
Lugar onde apareceu o cadáver de Esther López en Traspinedo (Valladolid)
G24.gal
25/08/2022 14:02
A Garda Civil identificou restos de ADN de Esther López no maleteiro do coche do seu amigo Óscar, a última persoa que recoñeceu que a vira con vida na localidade valisoletana de Traspinedo.
As análises realizadas polo Servizo de Criminalista confirman que os restos orgánicos recollidos no vehículo coinciden co perfil xenético da muller.
O ADN de Esther xa fora identificado noutros restos recollidos na chaqueta do principal sospeitoso da desaparición e morte da veciña de Traspinedo.