Publicador de contidos

Publicador de contidos

Revisan cámaras de vixilancia para dar cos autores da violación da moza de Igualada

Revisan cámaras de vixilancia para dar cos autores da violación da moza de Igualada

A familia da agredida pediu a colaboración cidadá para coñecer que pasou a noite do domingo

A menor está na UCI, aínda grave pero consciente e fóra de perigo

G24.gal 04/11/2021 09:51

Cataluña saíu á rúa en repulsa pola brutal violación sufrida por unha moza de 16 anos. Igualada, onde se produciu a agresión, foi a primeira localidade en chamar a cidadanía a manifestarse por este motivo.

Houbo concentracións noutras cidades e vilas, de Barcelona a Masquefa, o concello en que vive a vítima co seu pai. A maioría das convocatorias foron feitas por colectivos feministas, que esixiron que acabe a violencia sexual. 

A familia da agredida pediu a colaboración cidadá para coñecer que pasou a noite do domingo, en que ela saíu de festa coas amigas para celebrar Halloween.

A rapaza marchou da discoteca acompañada. Despois, apareceu tan gravemente ferida que o camioneiro que a atopou pensou que estaba morta e tapouna cunha manta. 

Viuna sobre as seis da mañá, a hora en que a moza ía coller o tren, segundo avisara a nai unha hora antes. O lugar onde estaba, preto da estación, no polígono de Igualada, está a tres minutos da discoteca.

Os Mossos revisan cámaras de vixilancia da zona, e as súas investigacións apuntan cara a unha violación en grupo. Serían así varias persoas as que a abandonaron núa e inconsciente, cun forte traumatismo na cabeza e lesións múltiples na zona xenital.

A menor está na UCI, aínda grave pero consciente e fóra de perigo. A nai díxolles aos medios que a rapaza non lembra nada e que se sente culpable. Os Mossos non lle tomaron aínda declaración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade