Publicador de contidos

Publicador de contidos

Identificada a autora do atropelo de Sarria

Identificada a autora do atropelo de Sarria

É unha muller de 23 anos que, presuntamente, 200 metros antes do atropelo batera contra outros dous coches aparcados

G24.gal 17/05/2022 14:15

Por un paso de peóns cruzaba o home de oitenta anos ao que atropelaron este domingo ás oito da mañá. Cando foi o atropelo, Ana e Nerea estaban traballando xusto en fronte.

As traballadoras deste local mais a xente que estaba na terraza fixáronse nas características do coche.

Ao parecer, o mesmo coche bateu uns segundos antes con dous vehículos que había estacionados a uns trescentos metros.

Familiares do veciño atropelado, un xubilado da Seat de Martorell, comentáronnos que o home está totalmente inmobilizado, co nocello roto, a perna enxesada e o cóbado desfeito. Tamén amosaron o seu agradecemento ás traballadoras da cafetería Cristal e ás persoas que auxiliaron o octoxenario atropelado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade