Cargando resultados...
Icía Vázquez: "É importante falar da xente da comunidade LGTBI e poñelos diante da cámara"
'Tradicións 2. Cuir' retratos da comunidade LGBTI+ reinterpretando os traxes tradicionais de distintos países
A artista fotografou a inmigrantes de segunda xeración, ligados ao mundo da arte, en espazo non urbanos de Nova York
Icía Vázquez, fotógrafa e deseñadora de moda
G24.gal
20/02/2023 16:07
'Tradicións 2. Cuir' é o título do proxecto artístico da deseñadora e fotógrafa coruñesa Icía Vázquez. Nas súas imaxes reinterpreta traxes tradicionais de diferentes países dende unha perspectiva 'queer'. A artista reivindica a importancia da inclusión de todos os colectivos na moda e na cultura. Está é a súa carta de amor para todos os que non seguen a normatividade que a sociedade non impón.