Publicador de contidos

Publicador de contidos

Indemnizan os pasaxeiros que quedaron tirados en Peinador para que voasen xogadores do Sevilla

Indemnizan os pasaxeiros que quedaron tirados en Peinador para que voasen xogadores do Sevilla

Iberia terá que responder polo dano moral aos afectados do voo de Air Nostrum que quedaron tirados no aeroporto vigués

Houbo un acordo entre as partes, polo que non tiveron que ir a xuízo
 

25 dos 80 afectados uníronse nunha demanda colectiva contra Iberia
G24.gal 24/07/2025 14:48

4 de novembro de 2023. 80 pasaxeiros estaban a piques de embarcar, tras máis dunha hora de atraso, no último avión do día que os tiña que levar a Madrid. Finalmente, e ante os seus propios ollos, os que embarcaron foron os xogadores do Sevilla, que tiñan o seu avión avariado.

"Vimos os xogadores do Sevilla saír, volver entrar, e, claro, era como que non pode ser, non pode ser ata que foi, ata que nos roubaron diante da nosa cara o avión", explica Kike Ubeira, CEO de Tempu e afectado

No medio da indignación empezaron as protestas. A compañía ofreceu compensacións por cancelación e por gastos. Pero non era dabondo.

 "O que sentimos alí sobre todo foi crispación, e foi unha inxustiza tremenda, é dicir, nós que somos?, estes que teñen máis cartos, teñen máis dereitos ca nós ou como funciona isto?", continúa

25 dos afectados uníronse nunha demanda colectiva que finalmente tivo os seus froitos sen necesidade de chegar a xuízo. Houbo un acordo entre as partes e Iberia recoñeceu o dano moral producido.

"E establecemos a compensación legal, neste caso indemnízase coa indemnizacón obxectiva que xa viñan ofrecendo, compensan os gastos que cada afectado tivo, individualmente, cada un tiña as súas circunstancias, comidas, aloxamento, unha perda de hotel, etc., etc., e á parte unha indemnización por danos morais", apunta José Manuel Vázquez Lojo, avogado de Celer Legal

Á espera da homologación do acordo por parte do xuíz, os afectados xa recibiron as imdemnizacións.

 "Unha vez que se formalizou o acordo por parte da compañía, fíxose o ingreso pactado nese acordo case inmediatamente", continúa o avogado

Máis que os cartos, buscaban un recoñecemento da inxustiza.

"Como mínimo recoñecelo, son catro pelagatos, non van protestar, pois mira, ao final acabamos protestando e ao final acabamos gañando a partida", conclúe un dos afectados

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade