Iberdrola porá en marcha este verán o primeiro parque que combina eólica e hidráulica
Está situado no norte de Portugal e servirá para dar máis establidade ao sistema eléctrico da Península
A posta en marcha deste complexo é todo un desafío.
"É pioneiro polo volume do proxecto que son 38 máquinas, polo tamaño e porque é un sistema híbrido cunha hidráulica", explica Clara Fierro, directora de Proxecto Támega.
Son 274 megawtts de xeración eólica que se unen a un gran sistema hidroeléctrico que permite ademais almacenar enerxía como se dunha batería se tratara.
"É un sistema máis fiable que se aproveita mellor e é bo ambientalmente porque a construcción é menor", asegura Sara Hoya, responsable Medioambiental do Proxecto Támega.
Unha da novidades deste proxecto é a utilización de alta tecnoloxía para o transportes dos materiais. O Bladelifter é un mecanismo que permite elevar ás pas faliciatando o paso por lugares ata o de agora inaccesibles.
"Con este equipo pódese levantar e xirar a pá sobre si mesma. Esta pa ten 84 metros e é a maior que se transportou ata o de agora en Europa e no mundo", di Diogo Daniel, responsable de Enxeñería de Laso.
Os temporais deste inverno complicaron os traballos do parque en que participan máis de 700 persoas. As previsións apuntan a que no mes de xuño as máquinas estarán a punto para comezar a producir enerxía e mellorar a estabilidade do sistema eléctrico.