Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ian Mackay pecha as súas redes sociais tras recibir insultos e ameazas

Ian Mackay pecha as súas redes sociais tras recibir insultos e ameazas

Os seus compañeiros xa saíron a defendelo publicamente

G24.gal 12/06/2023 12:11 Última actualización 12/06/2023 15:24

Ian Mackay abandonou as redes sociais despois de recibir unha cantidade excesiva de insultos e ameazas pola súa actuación no Castellón-Deportivo deste domingo. O veterano porteiro coruñés, capitán e heroe en moitas tardes de fútbol durante os dous anos, foi o branco dunha crítica que se cebou con el.

Tanto que chegou a ser tendencia en Twitter e esta mañá as súas redes sociais xa non aparecen. O gardameta do Ventorrilo converteuse no punto de mira de moitos afeccionados que descargaron o seu odio cara a el pola expulsión que marcou o final en Castalia. Os seus compañeiros xa saíron a defendelo publicamente. Tamén o adestrador Rubén de la Barrera:

A Ian Mackay quédalle mínimo un ano de contrato. Renovou recentemente ata 2024 e todos o celebraron. Os seus números están aí: 16 porterías a cero esta tempada e salvador en moitos días importantes. 

Mackay tamén recibiu o apoio de Unai Núñez desde a selección

Unai: "Sufrimos moito acoso e estamos expostos. Creo que por ser personaxes públicos non dá dereito a escoitar os comentarios"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar