Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hugo Rama, sobre árbitros: "Vén de anos atrás, ves cousas que non teñen sentido"

Hugo Rama, sobre árbitros: "Vén de anos atrás, ves cousas que non teñen sentido"

O medio tamén tivo palabras de apoio para o adestrador Imanol Idiakez

Foto @RCDeportivo
G24.gal 19/10/2023 17:48 Última actualización 19/10/2023 17:56

Hugo Rama, centrocampista do Deportivo, reflexionou en sala de prensa sobre as últimas actuacións arbitrais que afectaron o rendemento do equipo.

"Isto non vén de agora, vén de anos atrás, ves cousas que non teñen sentido. Non hai VAR, a expulsión no minuto 10 é rigorosa. O fóra de xogo non é e punto", precisou.

O santiagués cre que o partido do sábado contra o Sabadell será un punto de inflexión porque "ao equipo o que lle está faltando é gol".

"Na vida me sentín tan superior como ás veces co Depor, pero, se non metes gol, non ganas", expresou.

Tamén falou da superioridade do Deportivo no xogo

"Nunca me sentín tan superior como moitas veces me pasa no Dépor. Sen gol non gañas"

O medio tamén tivo palabras de apoio para o adestrador Imanol Idiakez, cuxo posto se atopa en dúbida co equipo en postos de descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade