Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hugo Mallo: "Aspas está a darlles na cara a quen dubidou del. É fundamental para nós"

Hugo Mallo: "Aspas está a darlles na cara a quen dubidou del. É fundamental para nós"

Hugo Mallo afirma que son ambiciosos: "Veremos se competimos por algo máis bonito a final de temporada"

G24.gal 27/01/2022 15:12

Esta mañá Hugo Mallo compareceu ante os medios para falar de varios asuntos como se o Celta pode xogar en Europa

"Somos ambiciosos. O obxectivo a futuro non se pode dicir. O primeiro é a permanencia. Somos ambiciosos e veremos se competimos por algo máis bonito a final de temporada"

Hugo Mallo acaba contrato en 2023 e quere renovar

"Coudet tería moita culpa se continúo. Transmitiume moita tranquilidade. Estou moi agradecido. Se o Chacho queda, asinaría de por vida. Son feliz. Non teño présa, pódese arranxar fácil"

Foi tamén moi claro sobre Iago Aspas

"Iago está a darlles na cara a quen dubidou del. Non entendín algunhas preguntas que me fixeron, dubidando del a principio de tempada. É como era Messi para o Barcelona. É fundamental"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade