Hugo Mallo despídese por lesión do que resta de tempada
O capitán sofre unha fractura na súa rótula dereita e estará entre dous e tres meses de baixa

A forte entrada que sufriu Hugo Mallono segundo tempo do partido deste domingo ante o Betis ten serias consecuencias. O lateral do Celta sofre, segundo revela a resonancia realizada polos servizos médicos do club, unha fractura lonxitudinal non desprazada no borde exterior da rótula do seu xeonllo dereito.
En principio realizarase tratamento conservador, que se manterá se non se produce desprazamento. O tempo de baixa do capitán do Celta será de entre dous meses e medio e tres meses.
𝑴𝒆𝒏𝒔𝒂𝒋𝒆 𝒅𝒆𝒍 𝒄𝒂𝒑𝒊𝒕𝒂́𝒏 📝💙
— RC Celta (@RCCelta) March 22, 2022
"𝑈𝑛 𝑛𝑢𝑒𝑣𝑜 𝑏𝑎𝑐ℎ𝑒 𝑒𝑛 𝑒𝑠𝑡𝑒 𝑏𝑜𝑛𝑖𝑡𝑜 𝑐𝑎𝑚𝑖𝑛𝑜. ¡𝑇𝑟𝑎𝑏𝑎𝑗𝑎𝑛𝑑𝑜 𝑑𝑒𝑠𝑑𝑒 𝑦𝑎 𝑝𝑎𝑟𝑎 𝑣𝑜𝑙𝑣𝑒𝑟! 𝐴ℎ𝑜𝑟𝑎 𝑡𝑜𝑐𝑎 𝑎𝑦𝑢𝑑𝑎𝑟 𝑑𝑒𝑠𝑑𝑒 𝑒𝑙 𝑜𝑡𝑟𝑜 𝑙𝑎𝑑𝑜".#ForzaHugo #RCCelta pic.twitter.com/Y3deoY6yeu