Hugo Mallo despídese emocionado do Celta, no "peor" día da súa vida
Hugo Mallo despídese emocionado do Celta, no "peor" día da súa vida
Iago Aspas acudiu en representación do equipo
O ata hoxe capitán celeste non quixo desvelar cal vai ser o seu destino
Hugo Mallo é lenda do Celta. Marcha con 449 partidos oficiais, 309 partidos en Primera, 14 temporadas xogadas e 12 goles.
Esta tarde, coa presenza de Iago Aspas, despediuse entre bágoas, dándolle as grazas a todo o celtismo:
"Grazas a todos por estar aquí, por apoiarme. É o peor día da miña vida. Non se que máis dicir, é o que me sae do corazón. Eternamente agradecido. Sempre Celta!"
Hugo Mallo lembrou os seus mellores momentos coa camiseta do Celta:
"No individual, quédome co meu debut"
" No colectivo quédome co ascenso, foi un momento espectacular. Europa é un premio"
Tamén tivo palabra emocionadas o presidente Carlos Mouriño:
"Se alguén fixo grande á canteira é Hugo, se alguén fixo grande ao celtismo, estivo aí sempre, nas boas e ás malas, estivésemos a sufrir, pasándoo ben, divertíndose pero sempre cun profesionalismo propio do que é el"
O ata hoxe capitán celeste non quixo desvelar cal vai ser o seu destino.