Hugo González conduce o Celta Fortuna ao triunfo (2-0)
Hugo González entrou na segunda parte e marcou o gol da vitoria
O filial tivo máis ocasións e petou dúas veces cos paos
O árbitro anuloulle un gol de xeito polémico a Unionistas
Arrancou o partido en Barreiro cunha desas accións tan típicas do Celta Fortuna. Na banda esquerda. Unha triangulación eléctrica que deixou a Antañón diante do porteiro. Unha acción prometedora que, por desgraza, foi excepción nesta primeira parte. Porque rápido tomou o control Unionistas e comezou a baixarlle o ritmo ao partido. E así, entre un ir e vir inocuo e un feixe de faltas de paróns no xogo por lesión visitantes, marchou este primeiro período. Só un remate ao longueiro de Somuah rachou esa dinámica. Do resto, nada.
Na segunda parte asistimos o mesmo guión. Con Unionistas tratando de controlar e co Celta que lle deu a volta cos trocos. Entraba Milla e avisaba cun remate ao longueiro. E volvía despois da lesión Hugo González para asinar o gol da vitoria. Minuto 75. Gol con polémica pola posición de Capde; mais o colexiado entendeu que, cando tocou Capde, xa estaba o balón dentro da porta. Protestaron aí os visitantes e protestaron aínda máis 13 minutos despois cando o árbitro invalidou un tanto de De la Nava por fóra de xogo.
Co tempo cumprido, Dela pechou o partido nunha magnífica acción.
Despois de tres xornadas de disgustos, o Celta Fortuna regresou ao camiño das vitorias e sostén a marcha na segunda posición.