Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hugo Álvarez cumpriu o soño de debutar co Celta

Hugo Álvarez cumpriu o soño de debutar co Celta

G24.gal 26/10/2021 17:59

Hugo Álvarez cumpriu o soño de debutar co Celta e fíxoo con 18 anos e con triunfo ante o Xetafe. Tras o partido recibiu chamadas e os parabéns de Borja Oubiña, Aspas ou Hugo Mallo.

En Zona mixta da Radio Galega falaron con Pepa Antúnez, nai de Hugo Álvarez, que onte debutaba co RC Celta e que lle dixo non ao Real Madrid cando era alevín. Así falaba do partido de onte en que a piques estivo de marcar un gol incluso: "Foi moi emocionante, non sabiamos se ía saír, pero fomos todos ata alí. É de poucas palabras, pero estaba exultante. Ao final, a pesar de estar en Xetafe con el só puidemos falar por teléfono"

Así nos falaba da súa etapa de alevín, con dez anos: "No bus que ía á Madroa levaba os libros e os apuntes para ir estudando. Cando empezou a destacar no 2º ano de alevíns, chamouno o Real Madrid. Non tiñamos axente daquela e fomos ata a capital. Soubemos de interese doutros equipos. Co Barça non falamos, pero había interés tamén. Valoramos que no Celta estaba ben, dábanlle todo o que precisaba; e tamén que crecese coa familia de xeito normal en Vigo. Todo o que nos ofrecían era moi bonito, pero para o seu desenvolvemento persoal era mellor que daquela seguise na súa círculo, co irmán, os primos.

http://www.crtvg.es/rg/destacados/zona-mixta-zona-mixta-do-dia-26-10-2021-5382164

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade