Día de non Comprar Nada como contrapunto ao Black Friday
Movemento que intenta contrarrestar o fenómeno consumista do Black Friday
O Día de non Comprar Nada xurdiu nos anos 90 do pasado século, pero case ninguén o coñece
"Estou de festivo, collín toda a semana, de feito, xa a primeiros de ano gardo estes días para comprar", afirma un señor.
Hoxe é para moitos o día de maior consumo de todo o ano.
"Eu preparo a cesta moitos días antes para comprar todo o que quero".
"Consumismo puro".
"Son adicta".
"É complicado non caer niso", recoñecen varias rapazas.
Con todo, hai quen está totalmente en contra desta tradición angloxasoa que veu para quedar.
"Paréceme un consumismo desbocado, sen sentido".
"Isto que poñen esta modernidade non me gusta, se necesito vou comprar, porque están acabando co pequeno comercio".
" É horrible, ao mellor se parásemos un pouquiño a pensar no que precisamos de verdade, pois cambiaría a cousa", apuntan varias mulleres.
E precisamente para cambiar a cousa xurdiu outro movemento paralelo que vai xusto á contra porque declara hoxe como o Día Mundial sen Compras.
"No día en que todo o mundo compra, pois rebelarse está ben".
"Van sendo horas de que alguén esperte desta tolemia".
"O que pasa que é contraditorio totalmente unha cousa coa outra, o mesmo día tamén, podería ser un día unha cousa e outro día a outra".
E malia que leva celebrándose dende finais do século pasado, O Día de non Comprar Nada, non o coñece case ninguén.
"Non o sabía".
E agora que o sabemos, seriamos quen de sumarnos á causa do non consumismo?
"Non creo".
"Eu penso que si, así non gasto cartos".
" Eu aproveito as rebaixas, pero, claro, cada un é libre de facer o que queira".