Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cataluña ve posible que a peste porcina chegase por estrada nun embutido contaminado

Cataluña ve posible que a peste porcina chegase por estrada nun embutido contaminado

A China seguirá importando porcino español malia o brote, o que supón salvar o 42% das exportacións españolas

A UME desprega efectivos para conter o gromo de peste porcina e Bruxelas envía veterinarios a Cataluña

Mercados internacionais péchanse á produción española por causa da peste porcina

G24.gal 01/12/2025 07:58 Última actualización 01/12/2025 14:35

Xa están en Cataluña os 117 expertos en control cinexético da Unidade Militar de Emerxencias. Axudarán a 250 axentes cataláns a conter o primeiro gromo de peste porcina que se detecta en España desde 1994. Polo momento, só hai dous casos confirmados, oito sospeitosos e outros corenta pendentes de análise, todos xabarís da serra de Collserola.

A Generalitat ofreceu unha primeira hipótese da orixe da enfermidade. "Pode ser que veña dun alimento, dun embutido en mal estado nunha zona por onde pasan moitos camións e áreas de servizo", explicou Òscar Ordeig, 'conseller' de Agricultura da Generalitat de Cataluña.

O Goberno reuniuse na tarde do luns con representantes do sector para mandarlles unha mensaxe de tranquilidade.

"Parece non existir ningún positivo, ningunha reacción que poida asimilarse aos síntomas da peste porcina africana", aseguraba o ministo de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas.

A China dá un respiro e salvará o 42% das exportacións españolas

Planas, confirmou ademais que China aplicará os acordos de rexionalización, asinados fai escasamente tres semanas, para implementar restricións á provincia de Barcelona para manter abertas as exportacións desde o resto de España ao país asiático no curto prazo ante os casos confirmados de peste porcina africana.

A medida supón que o 41,74% do total das exportacións españolas de porcino fóra da Unión Europea, que ascenden a unhas 550.000 toneladas deste produto que chegan a China, "atópanse a salvo".

A conselleira de Medio Rural chama á tranquilidade

Desde Galicia, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, apelou este luns a que haxa "tranquilidade" entre a poboación. "De momento, é un foco que está contido alí", precisou Gómez durante un acto en Santiago de Compostela no que recalcou que en Galicia e no resto do Estado "non apareceu ningún caso".

De igual maneira, remarcou que se trata dunha enfermidade "que non se transmite ás persoas" e que só é contaxiosa entre animais, aínda que causa unha gran mortaldade entre os infectados, polo que existe o perigo de que se declare un brote que mingüe ás granxas e ás explotacións gandeiras.

Os expertos lembran que a peste porcina só é letal entre os animais. Juan José Badiola, catedrático de Saúde Animal, subliña que "este é un virus que non afecta en absoluto á especie humana. Os consumidores poden estar tranquilos".

O continxente da UME

Segundo informaron fontes da Delegación do Goberno en Cataluña, a maior parte do continxente da UME procede das unidades do Grupo de Intervención de Emerxencias Tecnolóxicas e Ambientais (GIETMA), de Torrexón de Ardoz, e do IV Batallón, con base en Zaragoza.

O dispositivo para loitar contra este brote de peste porcina coordínao e dirixe a Generalitat, que onte formalizou a petición de apoio á UME.

Tamén é permanente a comunicación entre o delegado do Goberno co presidente da Generalitat, Salvador Illa; e os consellers da Presidencia, Agricultura e Interior, Albert Dalmau, Òscar Ordeig e Núria Parlon, respectivamente. 

Así o indicou nunha entrevista en RAC1, en que explicou que, ata a data, o Centro de Investigación en Sanidade Animal (CReSA) analizou preto de 40 xabaríns procedentes do radio perimetrado, na contorna de Cerdanyola do Vallès, xunto ao parque de Collserola, dos que dous deron positivo e oito son sospeitosos de selo.

Na Generalitat din que terán tolerancia cero con quen salte as restricións.

Tamén hai consecuencias económicas. A industria porcina é unha das principais en Cataluña e están paralizados os certificados de exportación a 40 países.

Cataluña ve posible que a peste porcina chegase por estrada nun embutido contaminado

Nunha conferencia de prensa este luns para dar conta do foco desta enfermidade animal, Ordeig sinalou que, por agora, o virus non entrou nas granxas nin hai novos casos confirmados entre xabarís.

Sobre a orixe do foco, que non aparecía en España desde 1994, Ordeig dixo que hai "indicios de que podería ser un embutido en mal estado", posiblemente dentro dalgún bocadillo que alguén podería lanzar ao chan nunha zona onde pasan moitos camións e hai áreas de servizo. "Pero non está confirmado", subliñou.

Os dous positivos detectáronse en xabarís que estaban en zonas boscosas na contorna da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), na zona de Bellaterra (termo municipal de Cerdanyola del Vallès), unha área pola que atravesan diversas estradas, entre elas as autoestradas C-58 e a AP-7.

O conseller sinalou que dentro da UE hai suficientes mecanismos de vixilancia como para que carne ou embutido contaminado por PPA non chegue ao mercado, pero en cambio os controis non son tan estritos fóra do bloque comunitario.

Ordeig confirmou que técnicos do Ministerio de Agricultura e da Comisión Europea desprazaranse a Cataluña para analizar o traballo despregado para conter o virus.

O conseller desexou que esta visita sirva tamén para "reflexionar sobre axudas e compensacións que poidan haber a nivel europeo", para que esta situación "afecte o mínimo posible" ao sector porcino.

Preocupación do sector en Galicia

O sector porcino trasladadoulle á Xunta as súas inquietudes polos casos detectados en Cataluña de peste africana. Pola súa banda, a Consellería do Medio Rural pediu aos seus representantes un reforzo nas medidas de seguridade para evitar contaxios.

Neste escenario, o Goberno galego destaca que establecerá "unha canle de comunicación constante sobre a situación e evolución" da peste porcina africana.

Bruxelas envía veterinarios expertos a Cataluña

A Comisión Europea (CE) dixo este luns que España debe aplicar as medidas previstas na lexislación europea para tratar de conter o gromo de peste porcina africana detectado en Cataluña e anunciou a presenza a partir deste martes de expertos veterinarios europeos na zona para asesorar as autoridades.

"Recibimos notificación sobre o gromo en Cataluña", dixo na conferencia de prensa diaria da Comisión a portavoz comunitaria Eva Hrncirova, quen lembrou que facía máis de tres décadas que en España non se producía ningún gromo desa enfermidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade