Publicador de contidos
Publicador de contidos

Hostalaría e xeriátricos libéranse das restricións coa fin da emerxencia sanitaria

Hostalaría e xeriátricos libéranse das restricións coa fin da emerxencia sanitaria

G24.gal 24/10/2021 19:49

A desactivación do estado de emerxencia en Galicia permitiu desde esta fin de semana que a hostalería e o ocio nocturno quedaran libres de restricións horarias, recuperaran o cen por cento de ocupación e o uso das barras, que bastantes clientes botaban de menos. "Houbo que adaptarse, non quedou máis remedio. Pero a verdade é que estaba moi incómodo e deixei de ir a moitos sitios porque non podía estar na barra", explícanos un deles.. "A barra é un complemento. A moita xente antes de ir comer gústalle tomar algo na barra, non vai directo á mesa", dinos o xerente dunha casa de comidas.

Nos xeriátricos, os maiores poden entrar e saír libremente, pero quen os vaia visitar deberá solicitar cita previa.
O que máis nos afasta dos tempos previos á pandemia son as máscaras, aínda obrigatorias se non está garantido o metro e medio de distancia con outras persoas.

Un dos divulgadores sanitarios máis seguidos, o galego Héctor Castiñeira, coñecido polo seu psedónimo literario Enfermera Saturada, confía en que as poidamos deixar proximamente. "Segundo a incidencia que vexamos, haberá que abrir ou pechar máis a man. Pero eu son optimista e penso que nas próximas semanas, nos próximos meses, irémonos esquecendo xa das máscaras e doutras medidas, progresivamente", vaticina.

Desde a Consellería recordan que a evolución dos datos epidemiolóxicos determinará cada quince días que restricións caen ou se hai que volver instaurar algunha.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos