Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hospitalizado por hantavirus en Suíza un home que viaxou no barco MV Hondius

Hospitalizado por hantavirus en Suíza un home que viaxou no barco MV Hondius

O paciente regresou dunha viaxe a América do Sur xunto á súa esposa a finais de abril

Ambos está sendo atendidos e en rexime de illamento no Hospital Universitario de Zürich

Europa Press Europa Press
G24.gal 06/05/2026 11:37

Un home que viaxou como pasaxeiro no MV Hondius, o cruceiro no Atlántico afectado por un brote de hantavirus, foi hospitalizado en Zürich (Suíza) tras dar positivo por ese patóxeno, segundo informou nun comunicado a Oficina Federal de Saúde Pública.

O home regresou dunha viaxe a América do Sur xunto á súa esposa a finais de abril, e tras notar síntomas da enfermidade acudiu ao Hospital Universitario, onde foi inmediatamente posto en illamento. Tamén ela foi illada por seguridade, aínda que polo momento non presenta ningún síntoma.

Os laboratorios confirmaron que o virus pertence á cepa Andes, presente en América do Sur e tamén confirmada noutros casos detectados a bordo do barco.

As autoridades sanitarias suízas lembran que a transmisión dese tipo de virus é posible entre persoas, pero só no caso de contacto estreito, polo que é pouco probable que se produzan máis casos no país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade