Publicador de contidos

Publicador de contidos

Homenaxe ás vítimas de violencia viaria

Homenaxe ás vítimas de violencia viaria

No que vai de ano faleceron 76 persoas nas estradas galegas

G24.gal 18/11/2022 14:18

Esta fin de semana celébrase o Día Internacional contra a Violencia Viaria. E hoxe, na Coruña celebrouse un acto en memoria das vítimas galegas que morreron nas estradas pola condución agresiva ou neglixencia doutras persoas.

No que vai de ano, en Galicia faleceron nas nosas vías un total de 76 persoas, a metade, 38, na provincia da Coruña, e 7, na cidade herculina. Unha cifra que, segundo a Policía Local, se converte na peor dos últimos 15 anos.

Pola súa banda, desde Stop Accidentes aseguran que o 90 por cento dos sinistros se puideron evitar, polo que cómpre, din, eliminar das nosas estradas os que se coñecen como delincuentes viarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade