Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hoeneß: "O Celta é un equipo moi ben organizado, cun xogo moi dinámico e vertical

Hoeneß: "O Celta é un equipo moi ben organizado, cun xogo moi dinámico e vertical

O técnico xermano do Stuttgart augurou un partido “intenso” e “duro” para os seus xogadores, aos que ve “preparados” e “moi concentrados”

G24.gal 24/09/2025 14:42 Última actualización 24/09/2025 14:48

Sebastian Hoeneß, adestrador do Stuttgart, eloxiou este mércores o Celta, o rival do seu equipo na xornada inaugural da fase inicial da liga Europea.

“O Celta é un rival moi difícil de superar. É un equipo moi ben organizado, cun xogo moi dinámico e vertical. Son capaces de defender de forma estruturada e compacta a varias alturas, tacticamente son moi bos”, comentou en conferencia de prensa.

O técnico xermano augurou un partido “intenso” e “duro” para os seus xogadores, aos que ve “preparados” e “moi concentrados”, porque saben da importancia de arrincar “con bo pé” a competición continental. A Hoeneß sorprendeulle o inicio do Celta en liga, cinco empates e unha derrota nos seis primeiros partidos, pero lembrou que Claudio Giráldez apostou pola súa segunda unidade no último duelo contra o Raio Vallecano.

“A fin de semana xogou con moitos futbolistas que non adoitan ser titulares. Iso demostra a importancia que lle dan a este primeiro partido. Nestes momentos está a custarlle gañar partidos, pero no amigable que xogamos contra eles xa vimos o difícil que é superarlles”, incidiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar