Publicador de contidos

Publicador de contidos

Histórico triunfo do Vilarreal en Turín e pleno español na Champions

Histórico triunfo do Vilarreal en Turín e pleno español na Champions

Gañou por 0–3 ante a Juventus, cos tres goles marcados no último cuarto de hora

G24.gal 16/03/2022 22:53

Nin o máis optimista soñaba cun desenlace semellante para o Vilarreal no campo da histórica Juventus. O 1–1 na ida obrigaba o equipo castellonenco a gañar en Turín. Logrouno, e ademais fíxoo por goleada (0–3). 

Os goles chegaron no último cuarto de hora do partido. Grazas a un penalti concedido con suspense porque foi revisado polo VAR, Gerard Moreno anotou no 76. O golpe esnaquizou a feble moral do equipo italiano, que viu como Pau Torres marcaba o segundo no 84. Para completar a vitoria, outro penalti por unhas claras mans de De Ligt foi transformado por Danjuma. 

Houbo pleno da liga española coa clasificación do Real Madrid, o Atlético e o Vilarreal. Acompañan a Benfica, Chelsea, Manchester City, Liverpool e Bayern nos cuartos de final. Tres equipos españois e tres ingleses, que demostran o dominio destas dúas competicións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade