Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hidalgo, sobre Mella: "El di que está para todo, estará ao cen por cento para o domingo"

Hidalgo, sobre Mella: "El di que está para todo, estará ao cen por cento para o domingo"

O técnico do Deportivo descartou que haxa preocupación pola última derrota

G24.gal 17/10/2025 11:30 Última actualización 17/10/2025 11:37

Antonio Hidalgo compareceu en sala de prensa para analizar a actualidade do Deportivo antes do duelo do domingo co Rácing de Santander.

"En principio, todo o mundo está ben, excepto Ximo. Tentamos coidar algúns que tiñan molestias e en xeral van avanzando cara ao seu pico de forma máis alto", detallou o técnico sobre a situación do equipo.

Ou técnico referiuse tamén ao regreso de Mella tras xogar coa selección.

"El di que está para todo, ten esa frescura que un equipo necesita. Estará ao cen por cento para o domingo".

En referencia á primeira derrota da campaña, o adestrador do Dépor descartou que haxa preocupación.

"Foi unha semana normal. Fixemos un gran partido en Éibar e un extraordinario contra o Almería. Estamos cunha tranquilidade absoluta e sabemos que hai que mellorar en distintos aspectos, ter solidez, que é o máis importante nesta categoría", apuntou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar