Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hidalgo: "Os números din que o Rácing é o mellor equipo nestes momentos"

Hidalgo: "Os números din que o Rácing é o mellor equipo nestes momentos"

Revelou que Yeremay Hernández leva arrastrando “unhas molestias” desde principios de ano

G24.gal 23/01/2026 12:28 Última actualización 23/01/2026 12:36

Antonio Hidalgo, adestrador do Deportivo, afirmou este venres que “os números” din que o Racing Santander, líder en solitario na segunda, é “o mellor” equipo da categoría nestes momentos.

“É un partido grande, atractivo. Vén o líder a Riazor. Teñen unha idea moi marcada desde hai tempo co seu adestrador e están a facer unha gran tempada. Van esixir e estresar moitísimo. Necesitaremos ter un compromiso total sen balón”, advertiu en rolda de prensa.

O técnico branquiazul non esconde a transcendencia do duelo aínda que “non” o ve como unha final.

Non sei se é o partido máis importante da tempada, o que si sei é que o calendario foi demasiado caprichoso porque normalmente este tipo de partidos prodúcense máis ao final de tempada. Pase o que pase vai quedar moitísimo, pero evidentemente é un rival directo e tes que competirlle. Se ganas serían tres puntos importantísimos porque non os sumaría un rival directo”, explicou.

Finalmente, revelou que Yeremay Hernández leva arrastrando “unhas molestias” desde principios de ano, e deixou entrever que Ximo Navarro podería entrar na convocatoria porque se atopa “moito mellor” e todo dependerá “das súas sensacións”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade