Publicador de contidos

Publicador de contidos

Héber Pena: "Foi chave marcar antes do descanso. Deunos pausa"

Héber Pena: "Foi chave marcar antes do descanso. Deunos pausa"

O autor do primeiro tanto racinguista atendeu o Galicia en goles

G24.gal 16/10/2022 14:47 Última actualización 16/10/2022 14:54

Suma e segue o Racing de Ferrol neste arrinque exitoso de temporada. A vitoria no Alfonso Murube de Ceuta foi moi traballada e permítelles aos ferroláns continuar no máis alto da clasificación. Un dos xogadores destacados foi o home que abriu o marcador, Héber Pena. O  da canteira atendeu á Radio Galega dende a cidade norteafricana.

"Como para non estar contentos, sempre que se gaña.... Aguantamos o seu arrinque e pouco a pouco fomos facéndonos co control do xogo. Tivemos varias opcións de adiantarnos. Tivemos a sorte de marcar un gol antes do descanso porque nos deu pausa e aproveitamos as contras. En campos coma este ou Alxeciras, haberá que ver cantos gañan. Agora chega o Córdoba e na Malata haberá que poñelo todo para sacar un bo resultado".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade