Cargando resultados...
Héber cre que o Racing afronta o derbi da Malata sen presión
Xogar o playoff polo ascenso era a meta para os racinguistas
G24.gal
13/04/2023 14:19
Última actualización 13/04/2023 14:26
O Racing afronta o derbi sen presión. O obxectivo da temporada está case cumprido para os de Cristóbal. Xogar o playoff polo ascenso era a meta, moito máis que ser campión.
Iso non quita para que o vestiario se relaxe. Están a dous puntos do Deportivo, a seis do Alcorcón e cun partido por finalizar en Córdoba.
Héber: "Presión non hai. Presión é a que nos metemos nós mesmos: o obxectivo era o playoff e se podemos pelexar por algo máis importante, mellor".